Blog Widget by LinkWithin

2011-02-24

Cantares galegos V - Rosalía de Castro

Campanas de Bastabales daqui

Corre o vento, o río pasa.
Corren nubes, nubes corren
camiño da miña casa.

Miña casa, meu abrigo;
vanse todos, eu me quedo
sin compaña nin amigo.

Eu me quedo contemprando
as laradas das casiñas
por quen vivo suspirando.

Ven a noite..., morre o día,
as campanas tocan lonxe
o tocar da Ave María.

Elas tocan pra que rece;
eu non rezo, que os saloucos
afogándome parece
que por min tén que rezar.
Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.


Rosalía de Castro (n. Santiago de Compostela a 24 Fev 1837; m. Padron, Coruña, 15 Jul 1885)
Ler da mesma autora:
Campanas de Bastabales
El Otoño de La Vida
Cuan tristes passam los dias
Dicen que no hablan las plantas
Sed de Amores Tenia
I do not know what I am eternally seeking


0 comments: